luns, 26 de decembro de 2016

Diovivo

Do catálogo da Exposición Proxectos 2016



SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
Aarón Sanromán
Diovivo
Técnica mixta. Serigrafía con resina epoxi e metacrilato líquido, catalizador, verrniz UVI. Estarcido e acabado final a mano con verniz cristal 3D. Soporte de papel con imprimación acrílica negra mate.

En Galicia a chuvia é arte” (Siniestro Total)
O proxecto trata o tema da paisaxe galega a través dunha ventá que nos deixa ollar a chuvia coma espectadores dunha viaxe no tempo, onde os diferentes tipos de chuvia, e as máis de 100 palabras que temos na nosa terra para definila, serven para narrar de forma atemporal o sentimento e a historia da nosa terra coma elemento documental.
Cadansúa ventá é representativa dun tipo de chuvia, sen unha orde aparente ao igoal cá capacidade caótica do noso clima de se alterar e cambiar. Os tipos de chuvia que se representan son os seguintes (de esquerda a dereita):
1. Boubizo: chuvia miúda e pouco intensa
2. Morriña: chuvia miúda e persistente
3. Dioivo: chuvia abundante e intensa
4. Orballo: chuvia fina e persistente
5. Zarrapallada: chuvia miúda e intermitente
6. Treboada: tromba de auga forte e intensa



Ningún comentario:

Publicar un comentario