martes, 27 de decembro de 2016

Herbarius umbrarum

Do catálogo da Exposición Proxectos 2016


SERIGRAFÍA ARTÍSTICA
Emilia Pereiro Riveira
Herbarius umbrarum
Serigrafía sobre papel
Herbarius umbrarum é unha selección de serigrafías feitas a partir de plantas recollidas na cidade de Vigo e arredores. Cada serigrafía pretende capturar a sombra dunha planta que deriva nunha figura única. Con este proxecto preténdese representar e simplificar as formas das plantas pero tamén salientar a súa fraxilidade e elegancia.
Unha planta é un ser vivo efémero no tempo; para a súa conservación e futuro estudio utilízase o método do herbario que consiste en recolectar, prensar e secar especimes para a súa clasificación. Sen embargo, mediante a serigrafía pódese multiplicar a súa impronta de xeito indefinido para que perdure.
Trátase dun proxecto de experimentación coa técnica do reporte directo creando un catálogo coas estampas dos especimes botánicos recollidos.




Algunhas imaxes do proceso:





Ningún comentario:

Publicar un comentario